Arredor das principais vías xacobeas, os camiños francés e portugués, existen outras vías secundarias empregadas polos romeiros dende tempos inmemoriais.

Unha destas vias, alternativa menor do camiño portugués, conectaría as terras de Barro, Moraña, Cuntis, A Estrada e Teo con Santiago de Compostela.

Proba disto é a existencia de documentación antiga na que se lle denominaba "camiño francés", facendo alusión á presenza dun itinerario mercantil e militar. Por outra parte, podemos asegurar que a asistencia hospitalaria, relixiosa, xurídica e técnica, necesaria para o camiñante, estaba asegurada ademais de constatar a presenza de importantes testemuños iconográficos e devocionais.

Click aquí para ver o mapa.

Asistencia hospitalaria e relixiosa

A asistencia hospitalaria e relixiosa, fundamental nas rutas de peregrinaxe, estaría asegurada pola existencia de catro mosteiros no concello: Sta. María de Termis, San Xiao de Caldas de Cuntis, San Miguel de Couselo e San Breixo e San Martiño de Arcos de Furcos.

Enlaces relacionados
Sta María de Termis
San Xiao de Caldas de Cuntis
San Miguel de Couselo
San Breixo e San Martiño de Arcos de Furcos

Ademais hai constancia da existencia dun hospital público xa no século XVII, rexido por un administrador e un cirurxán (actual balneario), que ofrecía asistencia sanitaria aos veciños da comarca e a todos aqueles viaxeiros que pasaban cara a Compostela. Limítrofe con Cuntis existiu un hospital de peregrinos na parroquia de San Paio de Figueroa (A Estrada), creado ex profeso para ese cometido no século XVI. E tamén no concello de Moraña existe unha entidade de poboación chamada A Alberguería que fai alusión a unha instalación de axuda ao camiñante e loxicamente de creación medieval.

Asistencia xurídica

Dispuña Cuntis, dende ao menos o século XI, dos necesarios organismos administrativos: xuíces, notarios e mordomos, así como o dereito de Caracterio (Caritel), isto é, o dereito a poder promulgar documentos públicos. Por este motivo un camiñante tiña, por exemplo, a posibilidade de testar ante unha situación de perigo de morte.

 

Asistencia técnica

Constátase a presenza de propiedades de ordes militares protectoras do Camiño en toda a comarca e particularmente en Cuntis; concretamente da Orde do Temple e do Santo Sepulcro.

Enlaces relacionados
Orde do Santo Sepulcro
Orde do Temple

 

Testemuños iconográficos e devocionais

Algúns deles serían:-En Arcos de Furcos perduran no adro da igrexa os restos dun baldaquino de arco conopial (séc XV-XVI) no que unha das súas lumieiras está adicada á Natividade e recolle un San Xosé cos atavíos de peregrino (esclavina e un báculo cunha cabaza, símbolo exclusivamente xacobeo)- Existencia dunha capela dente tempo inmemorial adicada a Santiago Apóstolo na Ermida: a Capela do Santiaguiño, existente cando menos dende o século XVI.
Lumieira da Natividade no Baldaquino de Arcos de Furcos

Enlace relacionado
Capela do Santiaguiño da Ermida

-Nun retablo da igrexa de Arcos de Furcos están representados dous bordóns de peregrinos cruzados cunha concha de vieira. Isto podería facer alusión a Santiago Apóstolo ou a San Roque.

-Devoción a Santiago Apóstolo na igrexa de Cequeril, na que se conserva unha figura renacentista coa súa efixie.

-Nunha das pinturas da bóveda da capela de Loureiro represéntase a Santiago Zebedeo cos apóstolos e Xesús o cal podería simbolizar a Última Cea. Nesta mesma capela existe unha escultura chamada a burriquiña, que fai alusión á fuxida a Exipto, reiterando polo tanto o discorrer do camiño. Mesmo hai unha inscrición neste mesmo lugar que indica a concesión dunha indulxencia polos pecados cometidos a cantos pasasen por ela.

Enlace relacionado
Nosa Señora do Castro Loureiro

-Nun peto de ánimas na honra de Nosa Señora de Monserrat localizado na Casiña, na parroquia de Arcos, observamos nun dos laterais un oco para introducir unha man, coa marca dos encaixe dos cinco dedos e un saliente en pedra para apoiar o xeonllo, similar ó do Santo dos Croques da Catedral.

Itinerario

Para rematar, deixaremos constancia aquí do teórico trazado polo que discorreu esta posíbel alternativa menor xacobea.

Logo de pasarmos a cidade de Pontevedra, e chegados ao Concello de Barro, o camiño portugués bifúrcase, dando a posibilidade de nos introducir por terras menos transitadas:

Rutas

-San Antoniño - Santo Amaro - Porráns - Ponte Mane

- A Bouza - Ponte Ramil - A Alberguería - Capela de Santa Margarida - A Choza - Santa Lucía - Mos - O Souto - O Silvoso - Ponte Taboada

- Ermida da Magdalena de Meira - O Pinal - Cuntis - Porto de Gómez - Furco - Ferreiros

- Figueiroa de Arriba - Toedo - Montoiro - San Xiao de Vea - Baloira - Riba de Vea - O Souto - O Barco

- Pontevea- A Freiría, en San Cristovo de Reis - Cacho do Río - A Florida - A Ramallosa - Catro Camiños - As Pozas - Cacheiras - Montouto - San Sadurniño

- Pontepedriña - Rúa do Hórreo - Porta da Mámoa - Catedral de Santiago

Ermida da Magdalena de Meira

Cruceiro de Roque

Capela do Santiaguiño da Ermida

San Xoán Bautista (Troáns)

 

 


 
Aviso legal || O Concello || Contactar||Créditos
Todos os dereitos reservados 2008 ©