HOTEL BALNEARIO "LA VIRGEN"
Enderezo:
Rúa do Balneario 1- Cuntis
Teléfono:
986 532 525
Fax:
986 532 151
Enderezo E.:
termas@termasdecuntis-sl.es
web:
www.termascuntis-sl.es
Localización:
Localizado no centro urbano, a carón do balneario dos Forniños e á beira do río Gallo. Nas súas proximidades podemos atopar pequenas prazas co encanto de pedras labradas que recordan tempos pasados e zonas etnográficas que crean pintorescas estampas.
Características:
Capacidade para 181 persoas. Oferta diversos servizos, entre os que podemos destacar excursións, ximnasia na auga, actividades de animación, bingo, bailes, xogos de mesa, balneario...

HOTEL CASTRO DO BALNEARIO
Enderezo:
Rúa do Balneario 5 - Cuntis
Teléfono:
986 532 535
Fax:
986 532 535
Enderezo E.:
termas@termasdecuntis-sl.es
web:
www.termascuntis-sl.es
Localización:
Localizado no centro histórico, próximo á Praza do Ferrol, ao Hotel "La Virgen" (****) e ao Balneario dos Forniños
Características:

Nas inmediacións atopamos varios xardíns e un contorno envexábel á beira do río Gallo.

Características: Dispón de 18 habitacións con capacidade para 45 persoas. Trátase dunha casona galega construída en pedra de granito con aires pacegos e xardíns nos que atopamos diversas construcións adxectivas como un  hórreo  ou un lavadoiro fluvial. No interior descóbrense habitacións con personalidade propia e bo gusto decorativo no que aínda quedan testemuños de fragancias modernistas. Todas elas están provistas de caixa forte, conexión a internet, televisión, minibar... Conta cunha piscina exterior de auga fría, oferta servizos balnearios e dispón de salas de reunión.


 
Aviso legal || O Concello || Contactar||Créditos
Todos os dereitos reservados 2008 ©