Castrolandín
O CASTRO DE CASTROLADÍN
A 1 Km do núcleo urbano e nunha contorna arqueolóxica e natural, Castrolandín ofrécenos unha vista panorámica de todo o val de Cuntis. Dende aquí albíscanse os promontorios montañosos do Xiabre, o Xesteiras e o Castro Sebil. Ademais este castro é un excepcional museo ao aire libre dun poboado fortificado da Idade do Ferro. Nos meses de verán pódense observar os traballos dos arqueólogos na restauración do xacemento e ofrécense visitas guiadas. A celebración do San Xoán do castro, seguindo unha tradición singular que foi recuperada, é outro evento destácabel.
Enlaces Relacionados
A Cultura Castrexa
Fundación Terra Termarum

O CASTRO DE ARCOS
Dende o castro de Arcos, na parroquia homónima, nunha reviravolta de 360 graos podemos contemplar os vales de Cuntis e Vea, as terras de Tabeirós, no concello da Estrada, o Pico Sacro e o Castro Sebil, que nos saúda dende o sur, e por suposto o maior promontorio da comarca: o monte Xesteiras.

O CASTRO SEBIL
Dende o Castro Sebil a vista alcanza as rías de Pontevedra e Arousa e a xeografía de Caldas de Reis (tamén enchoupada de augas quentes). Descúbrenos tamén os promontorios das Terras de Montes e Campo Lameiro, irmáns maiores dos cuntienses.

O MONTE XESTEIRAS
Con 718 metros de altitude, este monte non ten polas bisbarras próximas ningún rival que lle ouse facer sombra. Con esa grandeza podemos albiscar o mar da Arousa, o val de Cuntis, o Pico Sacro, as terras de Compostela e as que baña o río Lérez cara a Pontevedra, nun periplo cultural que recorda o camiño que outrora pisou o ilustrado Frei Martisño Sarmiento.

AS TRES LAGOÍNAS
Nas terras de Couselo, nunha chá do monte Xesteiras, atopamos a paraxe das Tres Lagoíñas dende a que podemos contemplar os vales de Cuntis e Vea e a desembocadura do río Ulla. Neste lugar celébrase no mes de xullo a tradicional rapa das bestas de Couselo.

Enlace Relacionado
Festividades

MIRADOIRO DE MONTESANDEU
Montesandeu é un castro localizado na parroquia de San Mamede de Piñeiro, dende o que podemos obter unha vista diferente do val de Cuntis e non poucas fortificacións castrexas: O Castro de Arcos, O Castro Loureiro, O Castro Sebil ou Castrolandín, entre outras.

 

Castrolandín
Castro Sebil
Monte Xesteiras
Castro Sebil

 
Aviso legal || O Concello || Contactar||Créditos
Todos os dereitos reservados 2008 ©