Conta o Concello de Cuntis con diversas rutas de sendeirismo, de longo e curto percorrido. O Club Pena Trevinca de Montañeiros de Galiza ten elaborado boa parte delas, entre outras a circular de Cuntis (PRG-20) cunha extensión de 24 km e a ruta Cuntis-Valga (PRG-21), de 17 km. Así mesmo deseñou dous tramos pertencentes a un itinerario que discorre dende Terra de Montes e o sur da provincia de Pontevedra cara a Compostela, GR94 (IV): a etapa que vai de San Xurxo de Sacos a Sebil, cunha duración de 6:15 horas e un percorrido de 18'125 km; e a que vai de Sebil a Pontevea, de 25 km e aproximadamente 8:30 horas de duración.

Con respecto á citada GR94 (IV), e máis precisamente ás etapas cuntienses, recomendamos consultar as seguintes páxinas que nos facilita o Club Pena Trevinca:

Enlaces relacionados
SAN XURXO DE SACOS-RÍO LÉREZ-FENTÁNS-PAREDES-QUINTEIRO DE ABAIXO-CASTRO-CIMADEVILA-CEQUERIL-SEBIL-SAN XURXO DE SACOS-SEBIL
SEBIL-ZO-ARCOS DE ARRIBA-DUCIO-CASIÑA-Na Sa LORETO-NOVÁS-SANTO ANDRE DE VEA-GUNTIN-A RIBA-VARIANTE GR 94-3-SANTA MARIA DE COUSO-PONTEVEA

Existe igualmente unha ruta arqueolóxica que durante o verán organiza a Asociación Amigos dos Castros en colaboración coa Fundación Terra Termarum, outra que denominamos Ruta da auga e unha máis de ascenso ao cume do monte Xesteiras.

Click aquí para ver o mapa.
Circular de Cuntis
LONXITUDE:
24 kms.
TEMPO ESTIMADO:
6 a 7 horas
PUNTO DE INICIO:
Rúa da Palma (Cuntis)
DIFICULTADE:
Media
TIPO:
Circular


CARACTERÍSTICAS: Nesta circular disfrutamos de diversas vistas panorámicas (Catadoira e Camiño Ferrón) pasando por vellos camiños de pedra, onde os carros quixeron deixar as súas pegadas a xeito de rodeiras (como na zona de Vilar de Mato).

Cruzamos o río Gallo en varias ocasións e descubrimos pozas, pequenas fervenzas e paisaxes cheas de beleza, ao igual que ao seu paso polo Umia.

Enlace relacionado
Sendeiro PRG20
Cuntis Valga
LONXITUDE:
17 kms.
TEMPO ESTIMADO:
4 a 5 horas
PUNTO DE INICIO:
Rúa Bernardo Sagasta (Cuntis)
DIFICULTADE:
Media
TIPO:
Liñal



CARACTERÍSTICAS: Coincidindo cun dos antigos Camiños Reais que discorrían por Cuntis en dirección a Iria Flavia, o PRG-21 porta consigo un engadido cultural e histórico que nos recorda o tráfico de mercadorías e persoas por antigas rutas medievais e, anteriormente, romanas.

Neste itinerario atopámonos con diversos conxuntos etnográficos, monumentais, paisaxísticos e arqueolóxicos, como a capela dos Martores -na que se atopou unha ara dedicada ao deus Mercurio- os petróglifos de Camporredondo e a Pedra das Serpes (todos eles en terras propiamente de Valga), ou os conxuntos rupestres dos outeiros do Moucho e das Campás en termos municipais de Cuntis.

Enlace relacionado
Sendeiro PRG21
Ruta Arqueolóxica
LONXITUDE:
3 a 4 kms.
TEMPO ESTIMADO:
1 hora, aínda que adoita ser máis longa xa que ao visitarmos lugares arqueolóxicos o camiño pódese demorar bastante
PUNTO DE INICIO:
Praza das Árbores (Cuntis)
DIFICULTADE:
Baixa
TIPO:
Circular
ITINERARIO:
Praza das Árbores - Muíños da Patela - Castrolandín (onde hai unha fermosa vista panorámica de toda a vila así como do seu val) - Alto do Castro de Laxos - conxunto rupestre e arqueolóxico de Cartas de Fóra - Monumento ao Sagrado Corazón (obra de Francisco Asorey) e Miradoiro de Maráns - Muíño do Portosalto - Praza das Árbores.
OBSERVACIÓNS:
A Fundación Terra Termarum ofrece, así mesmo, visitas guiadas a centros de ensino e particulares ao poboado castrexo de Castrolandín. Para máis información premer aquí: visitas@castrolandin.es E tamén aquí: www.castrolandin.es

Enlace Relacionado
Fundación Terra Termarum
Subida ao Monte Xesteiras
LONXITUDE:
8 kms.
TEMPO ESTIMADO:
5 horas.
PUNTO DE INICIO:
Praza das Árbores (Cuntis)
DIFICULTADE:
Alta
TIPO:
Circular
ITINERARIO:
Praza das Árbores - contorno do Río Gallo - Igrexa de San Mamede (onde se pode gozar dunha vista panorámica moi ampla de todo o val) - Castro de San Mamede - Pedra da Aguia - Cume do Monte Xesteiras (con inmensa vista panorámica dos vales creados polos ríos Vea e Gallo, así como la ría da Arousa) - Montesandeu - Piñeiros - Praza das Árbores
Ruta da Auga
LONXITUDE:
5 a 6 kms.
TEMPO ESTIMADO:
2:30 horas
PUNTO DE INICIO:
Praza das Árbores (Cuntis)
DIFICULTADE:
Baixa
TIPO:

Circular, polo curso dos ríos Gallo e Umia.

ITINERARIO:

Praza das Árbores - Meira (onde se pode ver a capela da Magdalena e a súa carballeira) - Proximidades do Castro de Meira - Ponte Taboada (construción actual con restos romanos) - Poza do Penedo (lugar ateigado de lendas) - O Areeiro -  Varcia (onde se conservan varios muíños fluviais) - Lornés - Fontecova - A Ran (nas proximidades atópase a zona rupestre do mesmo nome, que se un quixer pode aproveitar para visitar) -  Praza das Árbores.

 

 

 

 
Aviso legal || O Concello || Contactar||Créditos
Todos os dereitos reservados 2008 ©