A CASIÑA
Enderezo:
A Casiña - Arcos de Furcos - 36677 Cuntis
Teléfono:
986 573 721
Fax:
986 548 033
Enderezo E.:
joseatorresdocampo@yahoo.es
Localización:

Situada a carón dun lavadoiro e dun centenario peto á Virxe de Monserrat, valioso testemuño do noso patrimonio etnográfico. Recomendamos a visita da igrexa parroquial e o seu contorno.
Características:
Casa de Aldea (grupo B) con 2 cuartos dobres e 4 individuais (baño común). Hai posibilidade de almorzar e xantar.

A MAJITA
Enderezo:
Vilar 23 A - 36778 Cuntis
Teléfono:
986 532 566
Fax:
986 532 566
Enderezo E.:
info@casaamajita.com
web:
www.casaamajita.com
Localización:


Localizada aproximadamente a un quilómetro do centro urbano. Recomendamos un percorrido pola aldea de Vilar e pola veciña de Castrolandín, na que se atopa un castro da Idade do Ferro dende o que podemos contemplar fermosas vistas do val de Cuntis.
Características:
Casa de Aldea (grupo B) con 5 cuartos dobres con baño no que se serven almorzos. Pódese alugar a casa completa e ten dereito a cociña.

CASA DA PEDREIRA
Enderezo:
O Folgar 32 - Troáns - 36775 Cuntis
Teléfono:
986 548 317
Fax:
986 548 475
web:
Localización:

Situada a uns 4 quilómetros da capital municipal, nas súas proximidades pódemos visitar a carballeira do San Ildefonso e a súa capela homónima, o templo parroquial, o pequeno conxunto etnográfico do lugar do Campo (con lavadoiros, fonte de pedra e excepcional cruceiro do S. XVIII) así como o pazo abacial de Santa María de Troáns.
Características:
Casa de Aldea (Grupo B) con 10 cuartos dobres con baño. Posúe piscina, zonas de lecer, parque infantil e un xardín de máis de media hectárea de superficie. Pode servir almorzos.

CASA MINGUIÑOS DA PONTE
Enderezo:
Arcos de Arriba 18 - Arcos de Furcos - 36677 Cuntis
Teléfono:
986 532 139 - 651 384 933
Fax:
986 532 139
Enderezo E.:
Localización:

Recomendamos a visita á igrexa de San Breixo de Arcos de Furcos, ó seu cemiterio, así como os restos dun baldaquino datábel entre os séculos XV e XVI. Cómpre pararse no extraordinario cruceiro que se ergue xunto ao templo.
Características:

Pensión dunha estrela. Dispón de 5 cuartos dobres e 2 individuais, con un baño por cada dous cuartos. A casa é centenaria, de dúas plantas, e está situada nunha das aldeas máis antigas desta parroquia, na que aínda se poden ver interesantes pegadas do pasado. Ten dereito a cociña e, previo aviso, pódese xantar e cear.


CASA SUEIRO
Enderezo:
Teaño 20 - Estacas 36679 Cuntis
Teléfono:
986 548 207 - 606 920 661
Fax:
986 532 391
Enderezo E.:
web:
Localización:

A seis quilómetros do casco urbano, esta casa está situada nun singular contorno no que atopamos o amurallado pazo abacial de Estacas (con pombal e hórreo de 7 claros) e un viacrucis localizado nas inmediacións da igrexa parroquial. Recoméndase tamén a visita ao templo de San Fins e á súa carballeira centenaria.
Características:

Casa de Aldea (Grupo B). Esta casa, do S. XVIII, consta de 3 plantas nas que se distribúen as 10 cuartos (todas elas con baño, acceso a internet WIFI), a biblioteca, a cociña, o comedor e tres zonas de estar. Cada cuarto está personalizada e o mobiliario, ademais de tradicional, emana recendos de antigüüidade. Posúe unha finca de 15.000 metros cadrados na que atopamos árbores centenarias. A facenda conta con outras construcións e recintos secundarios: alpendres para gardar os trebellos do campo, pombal, hórreo, galiñeiro, muíño, lavadoiro...

As camiñatas a pé ou as rutas en bicicleta son propicias para este contorno. Previo aviso pódese cear.


Hotel Rústico Fonteverde
Enderezo:
Rúa Bernardo Sagasta, 15. Cuntis
Teléfono:
986 548 488
Fax:
986 548 488
Enderezo E.:
web:
Localización:

A 28 quilómetros de Santiago de Compostela e a 18 de Vilagarcía de Arousa.

Unha situación privilexiada para achegarse á Capital de Galicia, Patrimonio da Humanidade ou á Ría de Arousa. Interior e costa a 25 minutos.
Características:

O hotel conta con 8 habitacións: 4 dobres (unha delas especial), 2 de matrimonio (unha delas adaptada a persoas con movilidade reducida) e 2 individuais.

Todas as habitacións dispoñen de cuarto de baño, teléfono e televisor.

Catro das habitacións teñen terraza privada e outras dúas compleméntanse cunha galería.


Casa da Bragaña
Enderezo:
Bragaña, nº 16 36670 Cuntis – Pontevedra
Teléfono:
678 613 776
Enderezo E.:
web:
Localización:

É unha zona moi ben posicionada para o turismo, pois ofrece un atractivo ao seu arredor tanto turístico coma terapéutico. A escasos 3 Km encóntrase un dos balnearios mais importantes de Galicia, o Balneario de Cuntis. Onde se pode gozar dos múltiples tratamentos tanto terapéuti-cos como de beleza. Prezos especiais para a casa.

Non podemos deixar de mencionar que a casa encontrase nunha das Rutas Xacobeas e a proximidade da casa a Santiago de Compostela, só sepárana 22 Km. Outro dos grandes atractivos é tamén a proximidade ás praias, encontrándose a tan só 19 Km. da praia de Compostela en Villagarcía de Arosa.
Características:

A casa ofrece aloxamento a 8 persoas con posibilidade de 10:

-2 cuartos de matrimonio
-1 cuarto de 2 prazas con liteiras
-1 salón con cheminea e sofá-cama moi confortable para dúas persoas
-1 cociña equipada
-1 baño completo con cabina de hidromasaxe e sauna

Tamén se ofrece un anexo á casa que ten:
-Cociña equipada
-Prato de ducha
-Lareira típica galega con forno asador nun amplo comedor
-Servizo de lavandaría.

O anexo á casa é ideal para que os inquilinos poidan facer festas e traer convidados. A casa e o anexo encóntranse nunha zona moi soleada situados nun terreo de 1000m con variedade de froiteiros que dan froito en diferentes épocas do ano, hai tamén viña con diferentes uvas típicas da zona.

Toda a restauración da casa é de estilo rústico coidando detalles tanto de decoración interior coma no exterior do terreo con pezas restauradas relacionadas coa labranza.

 

 





 
Aviso legal || O Concello || Contactar||Créditos
Todos os dereitos reservados 2008 ©